fbpx

Diáspora Veus-Ahotsak-Vozes, Voces

Falo 6 linguas que aprendin, todas elas, falando ca xente, relacionándome, vinculándome. As linguas sempre foron o meu espacio de confort i de xogo, a casa que habito no interior, que non solo me acolle sinon que se acolle en min, o contido que conteño no meu corpo. E aínda con todo iso non falei galego ata agora, que teño 45 anos.

O galego é, posiblemente, a miña lingua materna, si és que entendemos por iso aquela que recibiches na casa. Pero non nacín nin me criei en Galiza. Fixéno, o fixéronmo, en Catalunya, nunha diáspora heredada. Son catalana como podria ser galega, sen convicción algunha, porque non teño conviccion nesas categorias. Mais en algun momento da minha infancia dedicín, porque foi una decision, devenir mais catalana que galega, alexarme do galego que recibia na casa para poder conter en min o catalan que tamén recibia na escola, na rua, na television e nesa nova comunidade que entendín que debia incorporar como identidade para non estar en terra de ninguén, en terra bastarda, no espacio sen nome. Non atopei contradicción algunha nas outras linguas que aprendín, todas atopaban o seu espazo. A substitución do galego polo catalán era unha sustitución identitaria, era escoller o pasado familiar ou o futuro tamén familiar, era escoller a cidade frente a aldea, o glamur barcelonés frente a miseria económica do orixen, unha miseria que contiña, agora xa o sei, moitas outras riquezas. A fala transforma a lingua, faina vida, pero tamén transforma ao falante, fainos linguaxe. Falar a lingua é moito mais que falar a lingua.

O espazo da diáspora é un lugar incómodo para quen o habita e para as comunidades de saída e de chegada, que non saber qué facer de ti. É un espazo tan incómodo como o espacio marimacho que incorporei desde tan moza, a muller inconveniente, masculina de máis, e o home que non chega a ser, o garçon manqué que se di en francés, o home falto, faltado.

Ya a la venta el nuevo número de Pikara en papel

Para que o espacio marimacho non fose un espacio de violencia conmigo mesma e coas miñas conxéneres tuven que desmontar moita misoxínia interiorizada, como teño que desmontar moita galegofobia interiorizada que és una forma d’autoodio tambén, para facer do meu espacio charnego, do meu espacio diaspórico, un lugar sin violencia, un hogar habitable de verdade. A galegofobia, como a misoxínia, no son miñas, son sistémicas. Pero para desmontar os sistemas que nos invaden e nos violentan, temos que tomar responsabilidade sobre iles, poñer o corpo, poñelo en riesgo para liberalo, para salvarnos.

Recuperar a lingua és un proceso de reparación hacia min e hacia vós, hacia as que non mercasteis o desprecio ao oríxen nin a asimilación da chegada, e hacia as que estuvisteis guardando e mimando a lingua todos estos anos.

Na parábola do fillo pródigo móstrase o malestar do fillo que quedou na casa e que ve como se fai una festa para o fillo que regresa. O pai explícalle que está ben celebrar o regreso. Pero na parábola falta o agradecimento do pródigo a aquel irmau que coidou da casa quando il non estaba.

Iste texto nun galego ranqueante, dubitativo e charnego, incorrecto aínda, seino ben, mais por fin vivo en min, és una forma de darvos as gracias por coidar e preservar ise espacio, ise fogar onde que oxe, por fin, vou retornando.


Le tamén:

¿Y si el árabe fuera una lengua oficial en el Reino de España?

Elías Knörr: el poeta queer gallego que triunfa en Islandia

María Victoria Moreno: camiños de xiz e tinta

Diáspora
0 votes, 0.00 avg. rating (0% score)

Escritora a trompicones. Por un poliamor feminista, un feminismo situado y contra la islamofobia de género.

Uso de cookies

Nosotras también hemos sucumbido a las cookies y eso que no son de chocolate. Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies