As bicicletas non son para a primavera feminista

As bicicletas non son para a primavera feminista

Mentres na tenda adaptaban boamente aquel primeiro xoguete aos meus case trinta anos, a miña mente tivo que adaptarse tamén aos primeiros comentarios non pedidos sobre a ousada incursión ciclista. “Mira ti que cousa rara, unha muller cunha bicicleta de estrada”

Era un paisano xa dunha quinta, pendente dunha pequena circulando a toda velocidade nunha bicicleta que non daba arranxado ao seu tamaño. O vendedor, aliviado polos cartos pero tamén pendente de posibles desperfectos provocados por ese remuíño sobre rodas. Rapidamente tirei da relación de avó e neta. El elexiu o modelo, se ben ela apostara firme polo rosa -tampouco percibín maiores opción cromáticas-. Eu, case tan emocionada, a piques de adquirir a miña primeira bicicleta de competición. Unha Orbea talla S de home, porque seica o mercado de muller non ten movemento, así que tiven que apañar “co que hai”, aínda que non se fixera á miña xeometría ao 100%.

Mentres na tenda adaptaban boamente aquel primeiro xoguete aos meus case trinta anos, a miña mente tivo que adaptarse tamén aos primeiros comentarios non pedidos sobre a ousada incursión ciclista. “Mira ti que cousa rara, unha muller cunha bicicleta de estrada”. O desdén do avó que estaba a mercar para a súa neta dialogaba co baleiro e ao mesmo tempo con todas as persoas que alí estabamos.

Non xulguen ao avó, nunca lle puxeran diante dos ollos a unha ciclista, xa que as dúas rodas semellan encaixar soamente coa virilidade e unha azafata a cada lado. Poderíamos restarlle importancia a ese comentario, á falla de equipación deportiva, ós saúdos pegañentos -ou inexistentes- doutros compatriotas de pedal, a que os premios sexan desiguais segundo sexo, pero… lembremos que MARCA segue a ser o xornal máis lido segundo o Estudio General de Medios. Ignoraremos entón as mensaxes que se transmiten a través do deporte?

suscribete al periodismo feminista

O deporte non é só a portada deste xornal, por moito que o cristianoronaldismo acaparara a meirande atención sobre este eido e deixara de lado a súa vertente formativa, didáctica e empoderadora. A filosofía e a ética sobre o deporte, incluíndo o afeccionado, axudarán a unha inclusión da igualdade na raíz do foco mediático, porque chama a atención que en plena primavera feminista, cun 8M revelador ou con movementos feministas globais como #MeToo -por aportar dúas mostras significantes- persista a idea de que as bicicletas non son para esta nova estación que está a florecer para as mulleres e a diversidade.

Download PDF
master violencia de género universidad de valencia
Etiquetas:
Download PDF

Título

Ir a Arriba