Redes que sosteñen. Amigas que curan.

Redes que sosteñen. Amigas que curan.

Que sería de min sen esa rede? Nesa rede de afectos, de múltiples e diferentes vínculos estou a recuperar o sorriso. Porque as miñas compañeiras de camiño me fan rir, bailar, cantar e até (intentar) tocar algún que outro instrumento.

A vida, en moitas ocasións fai que rompamos, que toquemos fondo, que precisemos recompoñernos e reconstruírnos despois de asestarnos un gran golpe. En estas ocasións a rede social afectiva faise fundamental, vital. O grupo de compañeiras que te sosteñen, te apertan, mesmo secan as bágoas de dor e desesperación, vai ser o que axude a conectar de novo co feito de vivir. Mans que xorden de onde contabas, mais tamén de onde non pensabas, dispostas a collerte e non soltarte. Mans que tiran de ti, hombreiros que sosteñen, oídos que escoitan, ollos que falan, palabras que alivan e brazos e corazóns que te recollen en apertas infinitas nas que perderte.

Non sentirte soa é a chave para que a palabra ilusión apareza de novo na túa vida. Rede que se extende ao teu carón, que fai dos coidados o principal valor. Que se fai forte na túa flaqueza. Rede de afectos e aloumiños que demostra a cada paso que non estás tan soa como te sintes.

Sempre vin as crises vitais como oportuniades de aprendizaxe, de crecemento. Unha das miñas cancións favoritas di “agradezco que estemos creciendo juntas, pues crecer es aprender a agradecer”. E aí estou eu: agradecida á vida, agradecida as miñas compañeiras de camiño por ter a posibilidade de avanzar da man, de crecer xuntas, de aprender con e de elas. Agradecida e afortunada de formar parte dun tecido no que o(s) amor(es) é o motor e o centro das vidas.

suscribete al periodismo feminista

Que sería de min sen esa rede? Nesa rede de afectos, de múltiples e diferentes vínculos estou a recuperar o sorriso. Porque as miñas compañeiras de camiño me fan rir, bailar, cantar e até (intentar) tocar algún que outro instrumento. Porque brindan comigo pola vida en malva. Brindamos porque, en palabras de Begoña Caamaño, “é tempo de feminismo, de xustiza, de igualdade, da dignidade e, porque non?, da FELICIDADE”.

Eu, compañeiras, brindo por todas vos. Brindo pola vida, por percorrer camiño ao voso carón, por seguir a medrar xuntas. Grazas e mil veces grazas.

Download PDF
master violencia de género universidad de valencia
Etiquetas:
Download PDF

Título

Ir a Arriba