Visibilizando conflictos

Visibilizando conflictos

Arcón do tempo

Formar parte do mundo do asociacionismo e da cooperación pode chegar a ser unha experiencia de aprendizaxe xigantesca. Ás veces, cala tanto que o teu mundo remata por convertirse nese mundo. E iso fai que cando achegas a cabeciña pola ranura doutras realidades asusta, e moito. […]

Download PDF
20/07/2018

Arcón do tempo

Formar parte do mundo do asociacionismo e da cooperación pode chegar a ser unha experiencia de aprendizaxe xigantesca. Ás veces, cala tanto que o teu mundo remata por convertirse nese mundo. E iso fai que cando achegas a cabeciña pola ranura doutras realidades asusta, e moito. Dende logo que nalgúns espazos podes transformarte, pensar en grupo, e crear reflexións bestiais que aplicar no teu día a día. Ás veces gústanos celebrar polo alto os avances, darnos moitas gracias e noraboas.

suscribete al periodismo feminista

Abrazámonos, bicámonos. Querémonos moito. O traballo en equipo crea fortes lazos. Mais en tódolos lugares xurden conflictos de cando en vez.

Visibilizar os conflictos está mal visto. O conflicto é un tema tabú. Moi tabú. Mais está ahí.

Hai que falar as cousas á cara e directamente coas persoas implicadas. Pero ollo. Coidadiño coas formas. Hai que intentar ser políticamente correctos. Hai que facelo dunha forma pausada, tranquila. Paz interior. Reláxate. Non berres nin levantes a voz. Non sexas agresiva. As veces é preciso ser un pouco sutil.

Non debes falar con terceiras persoas non implicadas directamente no problema porque podes xerar mal rollo e que as persoas implicadas se sintan mal. Ou o que é peor, facer dun problema pequeniño un xigantesco. As cousas soluciónanse falando, pero coidado con quen falas, que os trapos socios límpanse na casa. E non facelo así pode traer consecuencias, insisto. Consecuencias non buscadas nin desexadas para ningunha das partes. Ninguén se ten porqué enterar dos nosos problemas.

En realidade, eu penso que estás esaxerando un pouco. Nunca vin que isto fose un problema. Igual terías que tomar perspectiva. Estalo tomando todo dunha forma moi persoal.

E todo isto dígocho en confianza. Non digo que estés facendo mal pero toma aire de vez en cando. As cousas non están tan mal. A ver, non che estou berrando. Pero non é tan grave.

Bueno, a ver, eu entendo que te sintas así, pero non se fixo por mal. En realidade son persoas coas que se pode falar, son persoas moi razoables. Deberías intentalo.

Eu entendo que haxa xente que impoña máis que outra pero o problema tamén é teu. Entendo que non te sintas escoitada ou que te sintas soa nalgunhas cousas, pero a ver… teste que responsabilizar e tomar a iniciativa. O poder está ahí, hai que tomalo. Se non o tomas ti vano ter que tomar outras. Despois non te podes queixar. As cousas hai que sacalas para adiante… A vida é así.

Basta xa! Basta xa!

Basta xa de pedirnos que non levantemos a voz, que sexamos politicamente correctas, que non nos enfademos. Basta xa!

Basta xa de que nolo digades sen reflexionar sobre a posición que ocupades e sobre o poder das vosas palabras. Basta xa!

Isto non é unha cousa persoal, é unha cuestión política. É política porque política é todo proceso de toma de decisións que nos ataña.

O poder das túas palabras é un poder político. O poder de convicción, o poder de persuasión, son poder político. Fagámonos responsables do noso poder político!

Download PDF
master violencia de género universidad de valencia
Etiquetas: ,

Artículos relacionados

Últimas publicaciones

ayuda a Gaza
Download PDF

Título

Ir a Arriba