fbpx

Miraxes Veus-Ahotsak-Vozes, Voces

Sabela Fraga Costa

Cómpre desmitificar a universidade, todo o que alí actúa. A moito alumnado que atura clases mediocres sen dicir ren, mais sobre todo, a meirande parte do profesorado. Esa academia vista por moitas persoas que non tiveron a oportunidade de cursar estudos superiores como un xermolo de coñecemento, de pensamento crítico. Se soubesen… Na comodidade dos privilexios reproducen fielmente o sistema que en teoría din combater, traballando sempre na seguridade do xa visto e sen mirar de fronte a realidade, onde opera sen deterse aquilo que verdadeiramente oprime. Desde a súa verticalidade ollan con carraxe a insubmisión, as ansias de liberdade. Mais que dicir da complicidade do alumnado, que fica calado perante o exercicio do poder. A rivalidade sempre presente de párvulos á tese. “Non llo vou prestar, non vaia ser”.

Desde dentro comprobamos que o apoio mutuo nesas aulas magnas supón unha brincadeira. Deixamos facer e perpetuamos aqueles comportamentos que logo nas redes nos encanta derrubar. Ben sexa contra o patriarcado ou contra o capital. Construímos burbullas que nos afastan moi comodamente do real, pensando que non nos toca aquilo que acontece na rúa e nos postos de traballos precarios que algún día ocuparemos. Quérennos desconectadas e adormecidas facéndonos crer que somos a elite, a vangarda. E nesa posición, quen vai reaccionar perante unha inxustiza? Quen a vai combater se reproducimos os privilexios desde as aulas? Deste xeito permitimos que a profesora de Arte Galega castelanice a materia e que recomende ás alumnas respectar o decoro no acto de graduación en pleno século XXI, que logo os profesores falan.

Hoxe, máis que nunca, cómpre apostar polo labor autodidacta e espertar. A acción, as loitas transformadoras de verdade, custan e parece que aínda non estamos preparadas. Como imos dicir algo? Sendo radicais non se vai a ningún lado, din. As cousas xa se arranxarán polas vías legais. Confiemos na xustiza logo, na educación, mais sobre todo, na complicidade da xente. 

Miraxes
0 votes, 0.00 avg. rating (0% score)

Revista que ofrece periodismo y opinión con un enfoque crítico, feminista, transgresor y disfrutón.

Uso de cookies

Nosotras también hemos sucumbido a las cookies y eso que no son de chocolate. Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies