fbpx

A culpa como punto de vista Cuerpos, Opinión

No modelo patriarcal de saúde mental, as mulleres deixan de ser as expertas en si mesmas e na súa vida para que o profesional que está diante lles diga, ás veces, con certo ton de condescendencia paternalista, que teñen un problema: elas.

Autorretrato: Anyta Madrazo

Autorretrato: Anyta Madrazo

Unha muller que pasa por unha crise no seu matrimonio, decide acudir a un psiquiatra para que lle dea algo de medicación que lle axude a sobre levar a ansiedade que vive a raíz de determinadas situacións relacionais e de convivencia coa súa parella. Un dos aspectos que ela considera problemáticos é a desorde del nos seus espazos que acaban por converter en caóticos os espazos compartidos. A resposta do señor psiquiatra é moi clara: a culpa é dela porque ten unha obsesión coa orde e a limpeza. A que ten que aprender a non mirar, ou a mirar e que non lle afecte é ela. A dificultade pasa de ser algo relacional a algo unicamente persoal e convírtese nun problema que ten unha etiqueta, un nome no manual diagnóstico de trastornos mentais e, polo tanto, unha solución química.

Como consecuencia de que esta muller me comente a situación vivida no despacho do psiquiatra a miña cabeza vaise á pregunta que me plantexou unha amiga despois de ler o artigo que escribín hai uns meses sobre as consecuencias que ten para a muller vivir o machismo normalizado e case invisibilizado que se da nunha parella. Esta amiga dime “como afrontaría unha persoa sen visión de xénero as situacións de machismo que ti como feminista si identificas?” . Quedei pensando moito tempo, dándolle voltas, bloqueada porque unha vez que pos as gafas lilás é difícil ver doutra cor. Mais esta muller, acendeu unha bombilla e deume a resposta: a culpa. A culpa como punto de vista das dificultades. A culpa en elas, as mulleres, como punto de vista de temas relacionais. Unha culpa que aceptan dende a súa xa minada autoimaxe, dende un eu vulnerable e que ao longo dos días, dos meses, dos anos eses machismos invisibilizados se encargaron de debilitar.

Así, as mulleres deixan de ser as expertas en si mesmas e na súa vida para que o profesional que está diante lles diga, ás veces, con certo ton de condescendencia paternalista que teñen un problema: elas.

Para o e a profesional, esta postura é moto máis cómoda. E sen dúbida, quen acompaña non é quen ten que sentirse máis cómodo. A muller que ven pedindo axuda é quen ten que facer os menos esforzos para ser e sentirse entendida. Saíndo desa posición de poder de supostas expertas, debemos aprender a escoitar a música que está a tocar e bailar o baile que a persoa precise. Sexa unha muiñeira, un pasodobre ou unha mazurca. Somos nos quen temos que aprender a ser xenuínos para poder acompañar, partindo da premisa de que ninguén é máis experta na vida das persoas, que as propias persoas.

A mirada de quen acompaña debería de ser crítica co modelo médico, patriarcal, predominante no se se establecen esas interaccións machistas e de poder que non deixan de ser un exemplo de como funciona a sociedade da que parten. Un modelo médico ríxido que se serve de etiquetas diagnósticas universais e pretende globalizar, esquecendo as marcas de contexto. Un contexto cultural e temporal que, en certa medida, determina as vivencias e as narrativas de quen acode a terapia.

Partindo desa base de que o modelo médico occidenteal é un reflexo de como funciona a sociedade, non é de estrañar que as mulleres sexan as que máis van a terapia. Porque as cifras do uso do servicio de saúde mental son aplastantes. Segundo un informe feito polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade “a partir da adolescencia este patrón cambia e a muller desenvolve máis problemas psiquiátricos que o home. Todos os estudios comunitarios poñen de manifesto una maior frecuencia de trastornos psiquiátricos entre as mulleres.” Non pode ser casualidade. Hai visións bioloxicistas, que non ven unha relación co sistema social heteropatriarcal no que son formadas as e os profesionais e educadas as mulleres que despois acudirán aos servicios de saúde mental, públicos ou privados. Para min esa relación está clarísima. Sen esa visión crítica co sistema patriarcal do que antes falaba, estamos atrapadas.

En conclusión, é preciso que nos traballemos como profesionais. Que ampliemos a nosa mirada, que fagamos autocrítica para poder escoitar e ter unha conversa de calidade coa persoa que temos diante.

A culpa como punto de vista
0 votes, 0.00 avg. rating (0% score)

Uso de cookies

Nosotras también hemos sucumbido a las cookies y eso que no son de chocolate. Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies