Hillary Clinton, Claire Underwood e o feminismo neoliberal

Hillary Clinton, Claire Underwood e o feminismo neoliberal

Nota: Este artículo se enmarca en la sección de libre publicación de Pikara, cuyo objetivo, como su nombre indica, es promover la participación de las lectoras y lectores. El colectivo editor de Pikara Magazine no se hace responsable ni del contenido ni de la forma de los artículos publicados en esta sección, que no son editados. Puedes mandar el tuyo a participa@pikaramagazine.com. Rogamos claridad, concisión y buena ortografía.

24/09/2016

Xandra

Primeiras damas atractivas, formadas, impecables e educadas no neoliberalismo que se postulan á presidencia dos EUA. É imposible non facer paralelismos entre Hillary Clinton e Claire Underwood, a protagonista feminina da exitosa serie House of Cards.

Ámbalas dúas viven aparentemente inmersas en relacións tradicionais heterosexuais e monógamas, mais en realidade aceptan a infidelidade e manteñen relacións abertas que habitualmente non son toleradas pola sociedade á que elas representan. Certo é, que o feito de abandonar este matrimonio, tería suposto a perda dun statu quo de poder. Isto evidencia o trasfondo económico deste tipo de relacións, sobre o que teorizaba Engels na “Orixe da familia, a propiedade privada e o estado”.

suscribete al periodismo feminista

Todo son similitudes entre estas dúas abandeiradas do feminismo para as elites. Defensoras do aborto para quen poida págalo, e de rachar co teito de vidro para que aquelas que teñan posibilidade de estudar e capital para inverter, poidan chegar ben alto. Resulta sinxelo apuntar cara desigualdades tan evidentes como a fenda salarial e condenala, mais mentres sigamos as regras do xogo que marca o FMI, o capitalismo e o patriarcado seguiranse a cebar coas mulleres. Elas, mentres tanto, seguen a alimentar o monstro, aplaudindo o pinkwashing e sostendo inciativas, supostamente para mulleres, nas que a única que gaña é a banca.

Implicadas en ONG’s desde o cumio do imperialismo máis cruel; pel de cordeiro que esconde mentes desapiadadas, capaces de apoiar a guerra de Irak e a intervención en Libia ou en Siria. Como Hillary, a “Defensora para nenos e familias de Arkansas” mentres as bombas caían sobre Kabul, mentres se subministran armas a Estado Islámico e Fronte Al Nusra, mentres as refuxiadas morren tentando fuxir da súa barbarie. En definitiva, un simple lavado de cara á lóxica dun sistema que precisa da guerra para soster a súa estrutura.

House of Cards ofrécenos en Claire Underwood un espello de Hillary no que observamos como se desenvolve a vida privada dunha muller nesta situación. Sempre á sombra do seu marido; vivindo comodamente, mas sen conformarse con iso. Labrándose a súa propia carreira na política con tanta ou maior capacidade do que el.
Preséntannos a una muller fría e calculadora, con intereses propios nos que o seu compañeiro non representa mais do que una ferramenta para acadar o éxito. Ela é, en definitiva, o equivalente a Frank Underwoood, mais tendo que enfrontar a discriminación de xénero. Con todo, os guionistas fan que o espectador medio a perciba como a “mala” da serie, fomentando a empatía do televidente co seu marido desde o principio. Ambos son igual de cínicos, de egoístas e de crueis; mais o resultado final de aplicar estas personalidades nos distintos xéneros é que representan prototipos enfrontados: el é o triunfador, ela unha trepa sen sentimentos.

Os esforzos de Claire Underwood por chegar ao cumio, danlle un punto de vista feminista interesante á serie. Estes esforzos van sempre dirixidos a ela mesma e non ao xénero feminino, algo habitual no feminismo neoliberal. Podemos partillar certas batallas con estas mulleres aínda que a nosa loita é outra. Vese claramente na serie, como Claire despreza a outras mulleres de menor nivel económico simplemente pola súa posición social. Non as considera como iguais. Non comparte barricada con elas. Non obstante esta relación si adoita producirse á inversa, sendo habitual que mulleres de clase media ou baixa apoien a aquelas privilexiadas que rachan coa norma e chegan ás cúpulas. Son moitas, por exemplo, as mulleres de clases populares que teñen aplaudido ultimamente a candidatura de Hillary. Deitan nela as súas esperanzas. Unha autodenominada feminista no máis alto do poder mundial para mudar as cousas. Erro. Non virá do establishment o cambio que precisamos.

O seu feminismo neoliberal é unha trampa, non é máis que individualismo pintado de lilás. As súas figuras destacadas son mulleres privilexiadas, incapaces de sentir ou empatizar con quen alén da discriminación de xénero, sofre a cotío outras opresións por mor da súa raza, cultura ou clase. Este tipo de feminismo é só un engano máis para impedir que as alianzas entre mulleres se fagan fortes, que tomemos conciencia e sinalemos ao verdadeiro culpable: o sistema.

É preciso profundar no feminismo e loitar por cuestións que nos afectan ao groso das mulleres, independentemente da raza, a cultura, a posición social, ou calquera outro factor que, a piori, puidese dividir a loita. Para acadar a fin do patriarcado necesitamos unha fronte común, e para iso é preciso ter claros os referentes; deixarmos as Hillarys, as Claires, e as súas alianzas puntuais, e tecer redes de mulleres desde unha óptica de clase. Poñer en valor ás activistas de base das organizacións, dos sindicatos, dos movementos sociais. Mulleres que se enfrontan ao que estas e a moito máis. Que dende as rúas até o parlamento traballan diariamente por mudar a nosa situación, a de todas, e non a dunhas poucas privilexiadas. Esas que saben que as alianzas puntuais non van mudar un sistema que nos cousifica, nos mercantiliza e nos silencia. Só mediante a ruptura co sistema actual, e poñendo rumbo ao socialismo, poderemos acadar a verdadeira igualdade. Só organizadas conseguiremos saír do capitalismo.

Mentres tanto, se está por chegar a primeira presidenta dos EUA, que esta sexa Claire Underwood. Polo menos teremos algunhas horas de entretemento, e as mortas serán só de ficción.

Download PDF

Artículos relacionados

Últimas publicaciones

ayuda a Gaza
Download PDF

Título

Ir a Arriba