Herdanzas invisibles

Herdanzas invisibles

Un ano despois de comezar a miña vida sen ti, paro e penso que estou forte porque imito o que vin na casa eses anos da miña vida nos que tiven a fortuna de terte como nai.

Imagen: Emma Gascó
24/10/2018

Ilustración: Emma Gascó

Teño as túas unllas, o teu pelo, cociño os mexillóns ao allo como facías ti, comparto o teu gusto polos grelos amargos e a leituga que sabe a leituga. Fago xestos coas mans que veñen de 32 anos de convivencia e dunha relación moi estreita contigo. Xestos e trazos dos que eu mesma non era nin son consciente.

Sempre me sentín coidada, moitas veces de máis, porque era moi evidente: fun escoitada, mimada e valorada… Eses coidados que eran o teu eixe e que eu, cega emocional, non era quen de ver de todo.

Un ano despois de comezar a miña vida sen ti descubro todas as herdanzas invisibles que me deixaches.

suscribete al periodismo feminista

Muller forte, leal, loitadora, traballadora e coidadora que sempre se puxo a vida por diante e se superpuño aos diferentes e grandes golpes que esta lle deu. Mais pese a iso, tomabas as cousas como viñan, as asumías, integrabas e seguías vivindo. Nada te parou até o final. E, case sen decatarme, é o que levo facendo este ano. Vivir. Tiven e teño un modelo do que aprender por imitación, o modelo máis básico de aprendizaxe. Paro e penso que estou forte porque imito o que vin na casa eses anos da miña vida nos que tiven a fortuna de terte como nai.

Herdanzas invisibles, tamén son as aprendizaxes e os pasos que sego a dar xa sen ti, pero contigo de referente. Non estás. Pero estás.

Non sabía eu que coidándome nalquel presente, ti xa me estabas a coidar no meu presente, que xa sabías que non ía ser o teu. Xa ti pensabas no meu futuro sabendo que non ía ser noso. E é por iso que sigo a notar os teus coidados.

Un ano de dar pasos, paseniño, tentando habitar este presente que ti xa me facilitaches no pasado. Porque eras así, muller sabia que tiña mil cousas ocultas, silenciadas na cabeza e milleiros de afectos motores no corazón. E eu son afortunada, e mo intento repetir cada día, de ser resultado dese corazón que tanto amor sentiu.

A pesar de todo, e por todo, a sensación de fortuna e gratitude me acompaña cada día.

Gustouche este artigo?
O apoio económico das lectoras de Píkara é inprescindible para que podamos seguir facendo xornalismo feminista. Faite amiga de Pikara, recibe a revista en papel e colabora coa sostibilidade do proxecto.

 

Download PDF
master violencia de género universidad de valencia
Etiquetas: , ,

Artículos relacionados

Últimas publicaciones

ayuda a Gaza
Download PDF

Título

Ir a Arriba