“A sociedade xulga como es muller polos centímetros sobre os que camiñas”

“A sociedade xulga como es muller polos centímetros sobre os que camiñas”

A cineasta Raquel Rei presenta un documental crítico sobre o emprego de tacóns

01/02/2013

Raquel Rei leva anos repensando coa linguaxe do filme no colectivo poético e feminista santiagués de As Candongas do Quirombo. Desde o súa labor como comunicadora audiovisual, aproveitou os seus estudos de Documental na Escola de cine de Barcelona para crear unha peza de vintecinco minutos que reflexiona sobre o uso que as mulleres fan dos tacóns baixo un titular suxerente: Deu centímetres més a prop del cel.

Aínda que o título pode trasladar á ensoñación, o documental tira máis cara ó inferno que ó ceo…

Todo isto xurdíu coma un proxecto do máster de Documental que estaba a facer en Barcelona, pero xa ven moi de atrás, dunha teima miña Se vas pola rúa e reparas, coma fixen eu, en como as mulleres camiñan mal, van dando trompicóns, pregúntaste como se pode seguir empregando algo que é malo para a túa saúde. Trátase dunha cuestión social: a sociedade xulga como es muller polos centímetros sobre os que camiñas. Xa nas propias tendas indícanche un paradigma de beleza, o das donas, con tacóns, e o dos homes, sen tacón. Os dez centímetros máis preto do ceo son o discurso de todo o documental, que aínda que reivindicativo, non deixa de utilizar o humor e a retranca.

suscribete al periodismo feminista

 

Agora mesmo só se realizan visionados en certos foros: que uso e que sentido final queres darlle?

Penso que se fas unha peza, tes que ensinala e sobre todo, crear foros de debate. É algo que considero importante porque se recibe un feedback. Gustaríame combinar o visionado en foros e na Internet, de xeito libre, pero por cuestións de dereitos e por estarmos presentándoo para festivais isto non é posible ata dentro uns meses.

Os pases deste documental estanse a realizar con colectivos que xa se atopan posicionados e sensibilizados de cara ao uso de tacóns. Pensas presentalo noutros foros?

O certo é que si me gustaría levalo por institutos, por ejemplo, porque no fondo estamos a falar da construcción de xénero e dos estereotipos, aínda que nos centremos en algo que de primeiras pode parecer superficial como é o emprego dos tacóns. Encantaríame entrar en grupos máis abertos, posto que estas proxeccións serían máis enriquecedoras, así que se alguén acha algún foro onde poder amosalo, non ten máis que contactarme.

O proceso de elaboración do documental levoute a reparar en algo no que previamente non caeras na conta?

Sorprendeume o inserido que está na xente o uso dos tacóns, aínda que haxa xente moi crítica. Hai quen ten un discurso contradictorio ou mesmo dual, no que recoñecen que o seu uso provoca problemas ao corpo pero ao mesmo tempo recoñéceos como sinal inequívoco de feminidade. Desde logo, cada unha que faga o que desexe, pero sempre desde unha conciencia crítica e non aceptándoos porque veñen impostos.

Tamén deixoume bastante abraiada como as adolescentes de agora, supostamente máis abertas, seguen a verse máis guapas cos tacóns, semella que non avanzamos na creación de voces críticas e seguen a ser unha maioría as que nin os cuestionan. Pensaba que os tacóns eran algo máis pasado de moda, posto que hoxe en día discutimos sobre o uso do velo pero non sobre un calzado que está a machacarte os pés.

Precisamente trátase sen dúbida dun documental guiado cara a xeración de conciencia, na que nembargantes bótase en falla algunha voz discrepante de peso, xa que as que existen rematan ridiculizadas.

A montaxe leva cara onde leva, eu non buscaba obxectividade porque tampouco creo que exista. Houbo moitos minutos de entrevista nos que os deseñadores reafirmaban que creaban conxuntos para usar unicamente cos tacóns e que non había outra forma máis de representar a feminidade.

Download PDF
master violencia de género universidad de valencia
Etiquetas: ,

Artículos relacionados

Últimas publicaciones

ayuda a Gaza
Download PDF

Título

Ir a Arriba